Traballadores e traballadoras do servizo de prevención de incendios en Galicia do distinto Vigo-Baixo Miño manifestáronse este mércores na sede do distrito, no Porriño.
Segundo leron nun manifesto, o 9 de novembro finalizou na comunidade a contratación dos case 100 bombeiros e bombeiras, vixiantes fixos, motobombistas e emisoristas como persoal de prevención de riscos polo que «volven a engordar as funestas estatísticas galegas do desemprego invernal». Reclamaron que se prolonguen os traballos tamén no inverno porque, din, hai moitas tarefas que realizar «para seguir coidando dos montes».
Pediron tamén á Xunta de Galicia un cambio na estratexia de prevención de incendios.