jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsComarcasVigo anuncia dúas pantallas xigantes para seguir o acendido das luces do...

Vigo anuncia dúas pantallas xigantes para seguir o acendido das luces do Nadal e un aforo de 7.000 persoas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, vén de anunciar como será o acto de acendido das luces do Nadal este sábado 16 de novembro. Será, como é habitual, no centro da cidade e, ademais, haberá dúas pantallas xigantes para seguir o evento. Unha delas situarase na rúa Policarlo Sanz e outra, na farola da rúa Urzaiz. Ademais, o aforo total redúcese este ano ata as 7.000 persoas. Vixilarase con control de acceso.

Neste contexto, o rexedor socialista indica que «é mellor coller o autobús, vir a pé ou, no seu caso, aparcar lonxe e achegarse ao evento camiñando». Segundo indicou, a partir das 17:00 horas xa non será posible circular na zona ata que o reloxo marque as 23:00 horas.

Acto de inauguración do Nadal en Vigo

O rexedor explicou que “este sábado 16, ás 20:00 horas da tarde, acendemos as luces do Nadal de Vigo”. Será na Porta do Sol e haberá un aforo limitado de 7.000 persoas.

Tráfico cortado en varias rúas

Así, o tráfico estará pechado en varias rúas da cidade. Trátase de Doutor Cadaval, Reconquista, Policarpo Sanz, García Barbón, entre Colón e República Arxentina; Colón e Urzáiz, entre Colón e Lepanto polo que o Concello recomenda varios desvíos de tráfico para axilizar a circulación. Ademais, modificou varias paradas do transporte urbano dentro do perímetro de acceso restrinxido para “dar maior facilidade a quen use o autobús”.

No referente aos puntos de emerxencia, Caballero explicou que o punto de socorro e de encontro de nenos e obxectos perdidos estará situado en Porta do Sol 13, mentres o posto de mando avanzado do Plan de Autoprotección estará na Casa Galega da Cultura e as ambulancias de servizo durante o evento estarán na rúa Reconquista, Praza Doutor Cadaval, Paseo de Alfonso XII e no cruzamento da rúa Colón con Uruguay.

Podes escoitar as declaracións do alcalde, Abel Caballero, aquí:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS