domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsComarcasSalvaterra de Miño xa ten data para inaugurar o mercado de Nadal

Salvaterra de Miño xa ten data para inaugurar o mercado de Nadal

Salvaterra de Miño conta xa cunha data na que inaugurará a edición de 2024 do mercado de Nadal. Será o segundo ano consecutivo no que a administración local pon en marcha esta iniciativa que se enmarca dentro do plan de promoción e dinamización da vila. A partir do 20 de decembro, as diferentes casetas abrirán ao público na praza do Concello.

Ademais, tamén o propio 20 de decembro, terá lugar a inauguración da decoración da praza na que, ao igual que o pasado ano, participan os alumnos e alumnas dos centros educativos e do ciclo Carpintaría do IES Salvaterra de Miño. O mercado de Nadal estenderase ata o día 22 do mesmo mes.

Deste xeito, a Praza do Concello convértese durante o Nadal nun espazo «atractivo para os veciños e as veciñas así como para as persoas visitantes que poderán contemplar o traballo de carpintería en pezas que son moi admiradas, sobre todo, polos más pequenos», según apunta a administración local.

Diferentes puntos do casco urbano albergarán, ao mesmo tempo, motivos do Nadal creados tamén polo alumnado deste ciclo formativo que se imparte no instituto de Salvaterra de Miño.

Desde o Concello, indican que «as prazas para os postos son limitadas polo que aqueles interesados en participar deberán enviar os seus datos á dirección de correo electrónico de comunicacion@concellodesalvaterra.org»

Horario mercado do Nadal

O venres o mercado de Nadal terá un horario de 16:30 horas ata as 21:30 horas e o sábado 21 e domingo 22, desde as 10:30 horas ata as 21:30 horas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS