Comenzaron as obras este luns
As obras de reforma dos aseos do segundo andar do Colexio Publico de Esducación Primaria Altamira de Salceda de Caselas comenzaron este luns despois de varias solicitudes por parte do Concello e a Asociación Salceda pola Infancia e a Xuventude, SAPIX, que preside María Rodríguez.
As obras estanse a facer pola tarde en horas non lectivas máis os fins de semana para non interrupir a laboura educativa cos ruidos que se producen por mor das reformas.
A directora do centro de ensino salcedense, Clara Ojea, comunicou esta boa nova.