jueves, diciembre 26, 2024
InicioNewsActualidadeTui estrea un programa de mentoring para a dixitalización do comercio local

Tui estrea un programa de mentoring para a dixitalización do comercio local

O Concello de Tui pon en marcha un programa de mentoring destinado a guiar ao comercio local no seu proceso de dixitalización, promovendo a adaptación ao entorno dixital e a mellora da súa competitividade.

A iniciativa forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU e «reafirma o compromiso do Concello co apoio aos comerciantes locais e coa transformación dixital da economía do municipio», aseguran dende o goberno local.

A través deste programa, o Concello de Tui ofrecerá 25 prazas prazas para que os comercios locais reciban asesoramento personalizado e formación de alta calidade para optimizar a súa presenza en liña, mellorar a eficiencia dos seus procesos e garantir a ciberseguridade das súas operacións.

O primeiro paso será unha diagnose, por parte do equipo de expertos en dixitalización, de cada comercio co fin de determinar o seu nivel de madurez dixital e identificar as áreas de mellora.

De seguido, desenvolverase un plan de acción personalizado para cada comercio, que incluirá propostas específicas en función dos obxectivos e necesidades de cada negocio. Dentro destas propostas, estarán aspectos como a mellora da presenza en liña, o uso de novas tecnoloxías ou a implementación de ferramentas de ciberseguridade.

Requisitos de participación e inscrición
Este programa está aberto a pemes e persoas autónomas do sector comercio (epígrafes CNAE 45, 46, 47 e IAE 61-66) que dispoñan dun local comercial en Tui. As inscricións estarán abertas até o domingo 17 de novembro ás 23.59 horas debendo presentar o documento de solicitude de inscrición, dispoñible na web do Concello, por rexistro de entrada presencialmente na casa do concello ou a través de instancia xeral na sede electrónica.

Realizarase unha selección entre as solicitudes recibidas baseada no nivel de madurez dixital, o emprego asociado, e en caso de empate, a orde de inscrición.

Para máis información as persoas interesadas poden contactar coa Concellería de Comercio do Concello Tui no correo electrónico comercio@tui.gal ou no teléfono 618 78 59 98.

«Este programa de mentoring representa unha oportunidade única para o comercio
de Tui
, que poderá afrontar con maior seguridade e preparación o camiño cara á
dixitalización, fortalecendo a súa posición no mercado e mellorando a súa relación
coa clientela nun entorno cada vez máis dixital» afirma Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS