lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasO CondadoA tradición do millo volve a Salvaterra

A tradición do millo volve a Salvaterra

A asociación cultural quinta do Piñeiro de Salvaterra de Miño celebrou esta fin de semana a súa festa de recolleita e esfollada do millo na parroquia de Corzáns.

A celebración comezou xa pola mañá coa recollida do millo, que amenizou o grupo Naiama, Segundo as persoas que organizaro a edición deste ano, foron un total de 100 kilos que puxeron a secar despois.

Os veciños, as veciñas e os visitantes gozaron ao finalizar dun magosto de balde así como de postos de degustación de callos, churrasco ou polbo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS