viernes, noviembre 8, 2024
InicioNewsComarcasPonteareas sobe os impostos do IBI e o da recollida do lixo

Ponteareas sobe os impostos do IBI e o da recollida do lixo

O goberno municipal de Ponteareas -Partido Popular, Alternativa Ciudadana de Ponteareas e Independentes de Ponteareas- vén de aprobar nunha sesión extraordinaria e urxente do pleno a suba de impostos. En concreto, os veciños e as veciñas pagarán un 25% máis no caso do Imposto de Bens e Inmobles (IBI) e un 85% máis na recollida do lixo. A proposta saiu adiante cos votos a favor do executivo local e coa posición en contra.

O pleno de Ponteareas trascorreu, unha vez máis, de forma tensa e entre broncas. Os grupos da oposición, Bloque Nacionalsita Galego, Partido Socialista e Ponteareas en Común, afearon que a sesión se convocara ás 23:26 horas de xeito oficial do día anterior, «deixando sen marxe para estudar a documentación» e criticaron, de igual xeito, o carácter urxente «posto que era algo co que xa contabades». Pola contra, a alcaldesa, Nava Castro, argumentou que «a intención inicial era evitar este aumento dos impostos, pero ao elaborar o orzamento municipal do 2025 atopámonos cun desaxuste que si queremos prestar todos os servizos que prometemos, desde logo os ingresos son insuficientes».

Pola súa banda, o socio de goberno de Nava Castro, Juan Carlo González Carrera, recoñeceu que «houbo debate interno no grupo de goberno con este aumento de impostos«, pero xustificou a proposta como «necesaria».

Novas tarifas

Así, a partir do 2025, os veciños e as veciñas de Ponteareas pagarán un 25% máis no caso do Imposto de Bens e Inmobles (IBI), «pasando dun tipo impositivo do 0,4 ao 0,5 como outros municipios do mesmo tamaño da localidade», segundo indicou o voceiro do PP no pleno, Francisco Jesús Represas. Mentres, a tasa do lixo pasará dos 46,90 euros anuais aos 86,77 euros no caso das vivendas que se localizan no rural e nas do centro urbano, a tarifa ascende aos 154,27 euros. Na actualidade sitúase nos 83,39 euros.

Oposición en contra

A oposición mostrouse radicalmente en contra desta proposta do goberno municipal. O voceiro de Ponteareas en Común, Manoel Ucha, explicou que «estamos de acordo con que os impostos son necesarios para pagar os servizos esenciais e básicos, pero a diferenza é quen os paga e debería facelo quen máis ten«. Mentres, o Bloque Nacionalista Galego acusa ao executivo local de «actuar como verdadeiros carteristas» e sinalou que «cubrirase un déficit que ata o de agora asumía o Concello para repercutilo directamente á vecñanza», segundo sinalou o voceiro Miguel Bouzó. Pola súa banda, a voceira socialista Vanesa Fernández, calificou este aumento de impostos como «inxustos, desproporcionados e perxudiciais para as familias e os pequenos negocios de Ponteareas».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS