viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasMos inviste 96.000 euros na mellora da entrada ao Polígono do Rebullón

Mos inviste 96.000 euros na mellora da entrada ao Polígono do Rebullón

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o seu tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, e a concelleira de Emprego, Julia Loureiro, trataron esta mañá en Xunta de Goberno Local a «inminente actuación de mellora do acceso de entrada ao Polígono do Rebullón que se realizará nos próximos días», segundo explica o Concello.

A devandita optimización será posible grazas a concesión dunha subvención autonómica enmarcada nas axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Investimento

O investimento total que se realizará no proxecto de mellora de infraestruturas viarias no Polígono do Rebullón, ascende a 96.250,43 € (IVE incluído), dos que a Xunta de Galicia subvenciona o 80% e o Concello de Mos asume o custe do 20% restante. Demóstrase deste xeito, como apuntaban rexedora local e concelleiros, “o firme compromiso tanto da Xunta como da administración mosense, e deste equipo de goberno en particular, co tecido empresarial do municipio, ao que apoiamos incondicionalmente por ser motor da economía e industria locais, e xerador de emprego de calidade para os veciños e veciñas de Mos, e doutros concellos”. “Somos territorio de oportunidades, e apoiamos e axudamos ás empresas con accións coma estas, para seguir a selo”, declarou Nidia Arévalo.

As actuacións proxectadas e que se prevé se inicien a vindeira semana, teñen por obxecto a mellora das infraestruturas viarias de acceso a interiores do Polígono do Rebullón, actuando no pavimento existente e, construíndo previamente redes de drenaxe para a recollida de augas pluviais a través de sumidoiros lonxitudinais para canalizar as augas recollidas a través de colectores enterrados ata a rede existente, para evitar o rápido deterioro dos pavimentos.

Así o explicaban os representantes municipais Arévalo, Grandal, e Loureiro quenes apuntaron tamén que “para esta obra optouse pola mellor solución, tanto técnica como medioambiental, para a mellora das infraestruturas viarias e evitar as continuas reparacións parciais, que non é outra que a execución de novos drenaxes lonxitudinais e canalización da auga recollida ata a rede de augas pluviais existente e, posteriormente, a renovación do pavimento dos viais afectados”.

As obras a executar nesta actuación, propoñen primeiramente, recoller as augas pluviais a través de sumidoiros lonxitudinais e canalizar as augas recollidas a través de colectores enterrados e superficiais ata a rede existente e, despois renovar a pavimentación da zona de actuación.

As actuacións constan da instalación de novos puntos de recollida de auga en formación de sumidoiros lonxitudinais de resistencia D400 para resistir o tráfico de vehículos pesados frecuente no polígono. Toda a auga recollida serán canalizada por gravidade a través de colectores formado por tubaxes de PVC liso, serie SN-4, rixidez anular nominal 4 kN/m². Prevese a execución de diferentes pozos de rexistro para conexión de novas aportacións de caudal, facilitar o trazado do colector e facer rexistrable a rede.

A renovación dos pavimentos realizarase a través dunha capa de aglomerado en quente de 5 centímetros no vial principal previo fresado de toda a superficie para evitar a subida do nivel final do aglomerado. Finalizarase as actuacións coa sinalización horizontal e vertical.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS