viernes, noviembre 8, 2024
InicioA terraA nosa culturaEsfollada popular, obradoiros infantís e gastronomía este sábado en Salvaterra

Esfollada popular, obradoiros infantís e gastronomía este sábado en Salvaterra

A Asociación Cultural Quinta do Piñeiro de Salvaterra de Miño festexa esta sábado 9 de novembro a Festa da Esfollada do Millo na área recreativa ‘Muíño da Ponte’, na parroquia de Corzáns co fin de recoller o sembrado na celebración da Sementeira o pasado mes de maio.

A partir das 16:30h comezará a tradicional festa que contará con obradoiros infantís, magosto, chouripán, viño e como non podía ser doutro xeito, a recolleita e esfollada popular. Ademais, a xornada estará amenizada con música tradicional por un gaiteiro.

O obxectivo da festa é «recuperar a tradición e ensinar, sobre todo aos máis pequenos, como se realizaban antes os labores do campo e non esquezan así as vellas costumes, mentres o pasan ben e desfrutan ao aire libre» aseguran dende a organización.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS