domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaIncautados 885 quilos de ameixa clandestina en Mos

Incautados 885 quilos de ameixa clandestina en Mos

A aprehensión produciuse no transcurso dun control de seguridade viaria do Destacamento de Tráfico da Garda Civil do Porriño, á altura do quilómetro 158, da estrada N-550

 

Durante o operativo os axentes interceptaron unha furgoneta con placas de matrícula portuguesa, que transportaba marisco, procedente de Portugal e con destino a Cambados.
Ao inspeccionar o vehículo e a súa carga, co apoio de efectivos da patrulla do Seprona de Vilagarcía de Arousa, puideron comprobar que levaba 4.385 quilos de ameixa de distintos tipos; deles 885 quilos de ameixa xapónica circulaban indocumentados, por carecer da preceptiva guía sanitaria de orixe.
A inspección concluíu coa inmobilización do vehículo e da súa mercadoría. O condutor foi denunciado por varias infraccións administrativas porque, ademais de transportar unha partida de marisco indocumentado, tamén se comprobou que a furgoneta non reunía as condicións de temperatura requirida para o transporte deste tipo de mercadoría e, ademais, circulaba con exceso de peso, xa que a masa máxima autorizada era de 3.200 quilos.
Con este tipo de actuacións, que se veñen desenvolvendo conxuntamente por tódalas Unidades da Comandancia, a Garda Civil fiscaliza o cumprimento da normativa para verificar a trazabilidade do marisco e así poder evitar a comercialización da mercadoría que puidese resultar nociva para o consumo humano.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS