Continúan chegando testemuñas desde Valencia dos efectivos que envían os Concellos co obxectivo de axudar nas tarefas de reconstrución das zonas afectadas pola DANA. Un deles é o de Iván López, bombeiro na base de Ourense, quen explica en Si Radio que «é un escenario inimaxinable, son quilómetros e quilómetros de barro que parece non acabarse nunca«.
Neste contexto, López indica que «non teño claro como se pode reconstruir todo isto de aquí a un ano» e pregúntase «que pasará cando a xente se esqueza disto?».
Escoita a entrevista completa co bombeiro Iván López, quen se atopa traballando no municipio de Paiporta.