jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsComarcasPonteareas acenderá as luces de Nadal o 5 de decembro

Ponteareas acenderá as luces de Nadal o 5 de decembro

As luces do Nadal na capital da comarca do Condado xa están, na súa meirande parte, instaladas. Deste xeito, os veciños e as veciñas de Ponteareas comproban como, por exemplo, a Praza Bugallal está cuberta cun manto de luces LED, similar ao de anos anteriores. Ademais, diferentes rúas da vila tamén contan con adornos típicos destas datas.

Segundo puido saber Si Radio de Galicia, o acto de acendido das luces do Nadal en Ponteareas será o próximo 5 de decembro ao anoitecer na Praza Bugallal. A partir dese día, previo ao festivo, a vila do Tea quedará iluminada pola maxia que caracteriza a esta época do ano.

Aínda queda por desvelar o resto da programación que ideou o Concello para este ano. No 2024, levouse a cabo un mercado con diferentes casetas así como representacións teatrais, musicais e un espectáculo de video mapping no que o Corpus Christi e a célebre Menina de Ponteareas eran os protagonistas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS