viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsDenuncian falta de prevención de acoso sexual no Servizo de Axuda no...

Denuncian falta de prevención de acoso sexual no Servizo de Axuda no Fogar

Traballadores e traballadoras así como delegados e delegadas dos Servizos de Axuda no Fogar participaron na concentración convocada pola Secretaría das Mulleres e a CIG-Servizos de Vigo diante dos xulgados da cidade para denunciar a «nula prevención do acoso sexual no sector». O acto coincidiu co xuízo no que unha traballadora reclama a recisión de contrato por incumprimento empresarial grave das medidas de prevención.

Segundo apunta o sindicato CIG, a compañía IDADES, que xestiona o SAF do Concello de Salvaterra de Miño, aceptou finalmente a rescisión de contrato e «indemnizar á traballadora nos memos termos que o despido improcedente». A afectada advertíralle a empresa, tal e como explican nun comunicado, «da situación de risco nun domicilio no que prestaba servizo, pero IDADES limitouse a contestar que ela era unha persoa con formación suficiente para afrontar o que puidese acontecer».

A compañía IDADES, que xestiona o SAF do Concello de Salvaterra de Miño, aceptou finalmente a rescisión de contrato e indemnizar a traballadora nos mesmos termos que o despido improcedente. Segundo explican dende a central sindical, a afectada advertíralle á empresa en varias ocasións da situación de risco nun domicilio no que prestaba servizo, “mais a IDADES limitouse a contestar que ela era unha persoa con formación suficiente para afrontar o que puidese acontecer”.

O sindicato indica que «meses despois a traballadora sufriu unha agresión sexual que a mantén de baixa por incapacidade temporal até a actualidade» e que «tras a agresión a traballadora presentou denuncia diante da Garda Civil, do Concello de Salvaterra e da propia empresa». Esta última activou ao día seguinte o protocolo de acoso, “que rematou sen tomar ningunha medida de prevención no domicilio e nin sequera comunicarlle o resultado á traballadora”.

A CIG indica que «a Secretaría das Mulleres da CIG de Vigo denunciou os feitos na Inspección de Traballo, que o pasado 1 de abril emitiu unha resolución constatando o incumprimento grave da empresa en materia de saúde laboral pola falta de avaliación do posto de traballo e de medidas de prevención cara a traballadora».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS