As comarcas da área de Vigo e arredores énchense esta fin de semana de actividades de ocio para todos os públicos entre as que destacan plans como cine, teatro ou roteiros que transcorren polas paisaxes galegas.
Venres 8 de novembro
Anpas Galegas organiza coa colaboración da Federación de Anpas de Redondela unha charla sobre «Igualdade e Capacidade» co fin de facilitar información sobre axudas dirixidas ás ANPAS de centros educativos de Galicia destinadas á prevención da violencia de xénero.
A actividade será impartida por COGAMI o venres 8 de novembro ás 19:00h no Auditorio do Multiusos de Redondela.
O Concello de Ponteareas festexa este venres 8 de novembro a Festa do Samaín que foi adiada a fin de semana pasada como sinal de loito ás vítimas da DINA en Valencia.
A festa comezará ás 17:00h na nave de Aceiros do Tea e haberá xogos, obradoiros, globoflexia música e magosto para os nenos e nenas. A entrada é de balde.
Tamén en Ponteareas, haberá un espectáculo de maxia a cargo de ‘Shado El Mago’ que terá lugar no Auditorio Reveriano Soutullo ás 21:00h. As entradas poden adquirirse na páxina web de WowTick ou físicamente no comercio ponteareán Galbati.
Chega ao Concello da Guarda a obra teatral «Cortello de Amor» de Amorodio Teatro que será representada no Centro Cultural da Guarda este venres ás 21:00h.
Sábado 9 de novembro
A Asociación O Faiado do Concello de Ponteareas organiza unha xornada que inclúe un roteiro micolóxico e un magosto para todos os públicos. .
O roteiro micolóxico realizarase de 16:00h a 18:00h e a saída e a chegada será dende o CEIP As Veigas. É preciso inscribirse previamente a través do seguinte formulario.
O magosto dará comezo ás 18:00h no patio do CEIP As Veigas con xogos populares, música, pintacaras, contos de medo e posto de recollida de alimentos para Ponte Solidario, entre outros.
O Concello de Mondariz organiza o II Roteiro Micolóxico polos Montes de Mondariz este sábado 9 de novembro ás 10:00h.
A duración aproximada é de 3 horas cunha distancia de 5 quilómetros. As inscripcións poden realizarse a través do correo electrónico omix@mondariz.gal ou no teléfono 680 964 461.
Tamén en Mondariz terá lugar o monólogo «Sexo débil, o carallo» da humorista Arantxa Treus dentro da programación que organiza o concello con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
O espectáculo comeza ás 21:00h no Auditorio Municipal.
En Salvaterra de Miño terá lugar a Festa da Esfollada organizada pola Asociación Cultural Quinta do Piñeiro.
O evento comezará ás 16:30h na área recreativa «Muíño da Ponte» e contará con obradoiros infantís, esfollada popular, magosto, chouripáns, viño e un gaiteiro para amenizar a xornada.
Tamén no Concello de Salvaterra, concretamente na parroquia de Leirado, realizarase o III Desfile de Moda Actual e Traxe Tradicional organizado pola Asociación Cultural Ondiñas do Mendo.
O evento comezará ás 19:30h da tarde e a entrada ten un prezo de 3 euros co fin de recaudar fondos para a asociación.
A SCD Condado celebra o seu tradicional ‘Magusto‘ na Praza do Peixe de Salvaterra. O evento comeza ás 11:00h da mañá e contará con recital poético, concerto de Tino Baz, Xantar Popular, festa infantil e magosto.
A xornada rematará co concerto de ‘A Tol’ no Vagalume Café-Concerto a partir das 22:00h.
O Concello de Mos será o encargado de acoller o espectáculo Misturas, presentado pola compañía Igualarte.
A actuación terá lugar no Multiusos das Pozas de Mos ás 19:00h. A entrada é de balde mais é preciso inscribirse previamente no 986 33 94 04 xa que o aforo é limitado.
Dentro do Ciclo Cultural da parroquia de Parderrubias, en Salceda de Caselas, celébrase o día adicado á infancia con inchable, xogos tradicionais e espectáculo de maxia a cargo de LudiLand.
O evento dará comezo ás 17:00h no Torreiro do Centro Cultural de Parderrubias.
Ponteareas acollerá dentro do ciclo de teatro TeaTrea a obra ‘Ladrillos‘ a cargo da compañía Pena do Equilibrio.
A representación realízase no Auditorio Reveriano Soutullo ás 20:00h.
O Concello de Nigrán proxectará no Auditorio Municipal o filme galego ‘O Corno’, gañador da ‘Concha de Oro’ no Festival Internacional de Cine de San Sebastián no ano 2023.
A sesión de cine comezará ás 20:00h e a entrada é de balde ata completar aforo.
A Coral da Agrupación Musical do Rosal celebra o seu 20 aniversario cun concerto no Auditorio do Rosal.
O concerto contará coa colaboración do Coro de Gospel ‘Gospel Vida’. A hora de comezo será ás 20:00h e a entrada ten un prezo de 4 euros para o público xeral.
O Auditorio Municipal de Tomiño acollerá a obra de teatro ‘Deadpan‘ da compañía Ibuprofeno Teatro.
A función dará comezó ás 21:00h e a entrada ten un prezo de 5 euros.
Domingo 10 de novembro
A Comisión de Festas de Fornelos organiza a festa da Carne ao Caldeiro no Teleclub de Fornelos, en Salvaterra de Miño.
A xornada comeza cunha andaina pola ‘Ruta das aceas’ que sairá ás 9:30h das Fraguiñas e realizará un percorrido circular de 9,5 quilómetros.
A comida comezará ás 14:00h e terá un prezo de 20 euros.
En Tomiño, terá lugar a representación teatral ‘O Carnaval Animal‘ representado pola compañía Luzmicroypunto ás 17:00h no Auditorio Municipal .
A representación está enfocada para o público infantil e a entrada ten un prezo de 3 euros para persoas adultas e 1,5 euros para menos de 12 anos.
A parroquia de Entenza, no municipio de Salceda de Caselas celebra a XXVI Festa dos Cogumelos que terá lugar no Centro Cultural de Entenza.
Durante toda a xornada haberá postos de artesanía, degustación popular, actuacións musicais e exposicións de cogomelos. O pregón será a cargo de Carlos Remeseiro.