sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsComarcasMos inviste preto de 700.000 euros para a mellora de viais, muros...

Mos inviste preto de 700.000 euros para a mellora de viais, muros e rede de saneamento

O Concello de Mos realiza nesta recta final do ano para a mellora de viais, muros e rede de saneamento, grazas ao apoio da Deputación de Pontevedra. Na actualidade, están rematados traballos como a falla tan só do pintado da sinalización horizontal, os asfaltados do Camiño das Chousas e do Camiño dos Balados en Cela dentro deste investimento de preto de 700.000 euros. Así mesmo, ao abeiro do Plan +Provincia, o Concello optimiza 19 camiños, 2 muros de contención e acomete o saneamento para máis de 50 veciños. Así o informaron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o seu primeiro tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, e o seu segundo tenente de alcaldesa e edil de Contratación, Leo Costas.

Mos remata o ano coa posta a punto dunha batería de camiños e muros que, sumado ao saneamento no Camiño do Carballo, optimiza e implementa os servizos para a veciñanza. Así o explicaban a rexedora local mosense e o seus tenentes de alcaldesa, quenes destacaron a importancia desta serie de 19 melloras do firme en viais de todas as parroquias do municipio.

Mellora de pavimentación

A mellora da pavimentación está a ser realizada grazas a subvención do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra. Así na parroquia de Cela mellóranse os Camiños das Chousas, do Gado e dos Balados. Tamén na parroquia de Guizán, Soutonovo e da Ponte. Na parroquia de Louredo o Camiño do Viso. Ademais, na parroquia de Mos vial da Rúa, acceso ao cemiterio e Pedrapinta. En Pereiras, Casalmorto e Petelos, os Camiños Cabezas e Rial. Tamén en Sanguiñeda, Camiño Pequeno e Camiño de Ansar. Así mesmo, en Tameiga os Camiños Rial (Seixo), das Pedras, e o ramal das Mentiras. E na parroquia de Torroso os Camiños Chorras e Eidos. Estes 19 camiños suman un total de 5 quilómetros de lonxitude. O orzamento total a investir neles ascende a 445.352,06 euros.

Muros

Por outra banda, e tamén con cargo ao Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra, acométese a reposición dos muros de contención nos Camiños da Míllara en Gándara, na Tameiga. Ademais da Muralla en A Furna, parroquia de Pereiras. Ambas actuacións enmarcadas dentro da subvención da Deputación Provincial por importe de 127.315,67 euros. O investimento total a realizar no muro do Camiño da Míllara ascende a 54.658,80 euros e no muro do Camiño da Muralla a 72.565,88 euros.

As obras comprenden a execución dun muro no Camiño da Míllara de lonxitude 58 metros e altura variable, sendo a media de 2,5 metros. Tamén doutro muro no Camiño da Muralla, de lonxitude 41 metros e altura media de 4,3 metros. As obras de acometida de ambos muros consisten na instalación de estruturas a base de mampostos de granito Rosa Porriño e disposición de medios de protección con banda tipo bionda. Ambas actuacións estarán totalmente executadas antes de 2025.

Saneamento

E por último, a mediados do pasado mes de setembro, iniciáronse os traballos de acometida da rede de saneamento no Camiño do Carballo, parroquia de Cela, núcleo rural de Pardellas. As obras estarán tamén rematadas no presente ano 2024. Esta nova instalación de saneamento en Cela realízase grazas, unha vez máis, á concesión á administración local mosense dunha subvención ao abeiro do Plan + Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra. Esta é en base á liña 1 – investimentos do mesmo, por importe de 112.736,51 euros.

As obras deste proxecto discorren por unha zona dun núcleo rural, onde se dará servizo a un total de 13 vivendas e 52 habitantes. Isto co fin de chegar a todos aqueles lugares e vivendas do Concello de Mos que carecen deste servizo. Así, se leva a cabo a execució dun total de 486,56 milílitros de colector de saneamento coas súas acometidas correspondentes.

As obras de ampliación e mellora consisten na execución dunha nova rede de residuais que discorre por gravidade ao longo de diversos camiños, rúas públicas e parcelas de titularidade privada. Isto ata a súa conexión un pozo da rede de saneamento existente, máis un tramo de colector que discorre por gravidade ao longo de diversas parcelas privadas ata a súa conexión co pozo PA2 da rede antes descrita. Trátase neste segundo caso dun tramo máis pequeno.

Deseño da rede de saneamento

No deseño da rede destaca o elevado número e altura dos seus pozos de transición, condicionados polo gran desnivel existente a salvar ao longo de todo o colector proxectado. O colector proxectado executarase na medida do posible polas marxes das rúas ou parcelas polas que discorren, coas lonxitudes e conexións definidas nos planos para cada caso. Realízanse demolicións de pavimento asfáltico en cruces de calzada así como de formigón nalgún dos camiños polos que discorre o trazado, os cales deberán ser demolidos e reposto por uns de similares características.

Para a rede de saneamento proxectouse unha tubaxe en PVC de diámetros 315 e 250 milímetros segundo zona. Os pozos de rexistro son circulares de 1,00 – 1,20 metros de diámetro, realizados con aros de formigón prefabricado, recebado interior, soleira de formigón con formación de acanaladura, tapa e cerco de fundición. Contémplase a existencia de varios pozos de resalto debido ás pendentes do terreo.

As acometidas realízanse mediante arquetas de 40×40 metros cunha tapa de rexistro de fundición de 50×50 centímetros, preferentemente no portal de acceso de cada unha das vivendas ás que se pretende dar servizo. A rede de saneamento proxectada divídese en dous tramos entroncados entre si, e cuxo vertedura final ten lugar nun pozo que á súa vez conecta por gravidade cunha rede de saneamento xa existente. As obras contempladas no presente proxecto inclúen a reposición dos pavimentos demolidos previamente mediante a execución dunha base de saburra natural de 20 centímetros de espesor, a rega de imprimación e a execución dunha capa de rodadura de pavimento de aglomerado asfáltico de 8 centímetros de espesor ou soleira de formigón HP-30, a todo o longo das zonas afectadas polas obras.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS