Galicia ten 533 casos activos de coronavirus, son tres máis que un día anterior. A causa principal do ascenso é a área sanitaria de Ourense que leva dez días consecutivos incrementando os seus casos, aínda que á área coruñesa continúa á cabeza.
En Galicia aumentaron na última xornada cos contaxios diarios detectados con probas diagnósticas (+11) con respecto ao día anterior. Foron detectados 38 novos casos.
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 134 (-3)
Ourense: 126 (+11)
Vigo: 80 (=)
Pontevedra: 57 (-3)
Santiago: 50 (=)
Lugo: 43 (-3)
Ferrol: 43 (+1)
Nos hospitais galegos hai 2 persoas máis ingresadas. En total 32 persoas precisan hospitalización pola COVID-19; 26 en planta (+2) e 6 en UCI (=).
O Sergas notificou un deceso por mor da covid nas últimas 24 horas, elevando a cifra a 2.653 desde o inicio da pandemia.