Traballadores e empresarios deberán pagar máis á Seguridade Social para garantir as pensións dos cotizantes que teñen agora entre 40 e 49 anos. É a proposta do Goberno aos sindicatos e patronal. Por definir estaría canto aportarían os empregados e canto as empresas.
Secretario xeral de CC.OO. Unai Sordo:
O luns volverá reunirse a mesa de negociación para que as partes notifiquen as súas posicións ao respecto.
Urxe fornecer o fondo de reserva, que chegou a superar os 60.000 millóns e agora ten 2.000.
O incremento da cota á Seguridade Social sería de 5 euros para un salario mileurista e de 10 euros mensuais no caso dun traballador cun salario de 1.900 euros.
A proposta que levou o Ministerio da Seguridad Social á mesa coa patronal e os sindicatos é a de subir as cotizacións medio punto.
Falta por definir canto asume o traballador, que deixaría de percibir parte do salario, e canto a empresa, que pagaría maiores cotas.
É a solución proposta para evitar ir recortando as pensións futuras, como prevía a lei de 2013. Unha vella reclamación dos sindicatos.
O aumento das cotizacións sería durante dez anos. E a partir de 2032 revisaríase o sistema cada tres anos para decidir se son necesarias máis medidas.