O municipio inclúe o nome da escritora vinculada á localidade entre as súas rúas.
Os nomes de mulleres soan xa en Mondariz-Balneario, cando menos, entre as rúas do municipio. O goberno municipal, do Partido Popular, levou a proposta ao pleno e saiu adiante por unanimidade. De feito, o líder da oposición, o nacionalista, César Gil, calificou o acordo de «fito histórico». Emilia Pardo Bazán, escritora que gozou do municipio durante 33 anos, é a primeira á que se lle dedica unha na vila termal.
O técnico municipal propuxo o nome de Rúa Emilia Pardo Bazán posto que «é unha figura importante da literatura que forma parte da memoria cultural de Mondariz-Balneario» como unha posible solución á reclamación dun veciño. Esta persoa reclamáballe ao Concello que lle adxudicara unha nomenclatura ao espazo da súa vivenda.
Na sesión plenaria, o grupo de goberno explicou a proposta e a oposición, o BNG, apoiouna. O voceiro nacionalista, César Gil, explicou que «é un fito histórico que no ano 2021 chegue por fin a Mondariz-Balneario cunha rúa con nombre de muller».