jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsActualidadeA Audiencia de Ourense absolve á presidenta da Comunidade de Montes de Quins...

A Audiencia de Ourense absolve á presidenta da Comunidade de Montes de Quins e Melón

A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense absolve, por falta de probas, a ex presidenta da comunidade de montes Serra do Faro, acusada de apropiarse de fondos comunitarios e administrar de forma desleal a comunidade de montes que integran os veciños e veciñas das parroquias de Quins e Melón.

A acusada presidiu a comunidade entre o 3 de agosto de 2013 e o 20 de xuño de 2015, tempo no que levou a cabo a execución de tres obras que «consideran prexudiciais para a comunidade«. As obras realizadas foron o arranxo dunha pista, a plantación de piñeiros e a realización dunha memoria técnica para a construción dun punto de auga.

“Acúsaselle porque nos extractos bancarios obrantes en autos constan pagos efectuados por medio de cheques, sen que haxa constancia das persoas que foron as perceptoras e por qué motivación”, indica o tribunal na sentenza, contra a que cabe presentar recurso ante o TSXG.   

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS