domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsA terraRibadavia opta a ser Pueblo Ferrero Rocher 2024

Ribadavia opta a ser Pueblo Ferrero Rocher 2024

Ferrero Rocher vén de presentar a undécima edición do concurso «Juntos Brillamos Más» que dá inicio á campaña navideña da marca. Nesta presentación déronse a coñecer os cinco pobos candidatos, entre os que se atopa o municipio ourensán de Ribadavia.

O tradicional concurso busca, cada ano «iluminar un municipio español e facer que brillen con toda a maxia do Nadal», deste xeito, Ribadavia competirá con outros catro municipios de España para convertirse no próximo «Pueblo Ferrero Rocher 2024» e recibir a iluminación de nadal que caracteriza á marca.

Os outros municipios que compiten co concello galego son: El Coronil (Sevilla), La Adrada (Ávila), Ágreda (Soria) e Biar (Alicante). Pódense consultar os vídeos promocionais de cada municipio e votar na seguinte ligazón.

Por outra banda, o concurso desenvólvese en tres fases de votacións.

A primeira fase comeza xa e finaliza o 17 de novembro onde participan os cinco municipios anteriormente mencionados.

Á segunda fase pasarán só catro municipios e abriranse de novo as votacións. Esta ronda de votacións finalizará o 28 de novembro, data na que se anunciará que dous municipios seguen adiante no concurso.

Por último, do 29 de novembro ao 8 de decembro, abriranse as votacións da terceira fase para elexir entre os dous concellos finalistas. O día 9 de decembro anunciarase o municipio que obtivo máis votos e será o gañador desta edición do concurso «Juntos Brillamos Más».

A iluminación será inaugurada o día 12 de decembro no municipio que resulte gañador.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS