sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsActualidadeArbo súmase á rede de Parques sen Fume

Arbo súmase á rede de Parques sen Fume

O Concello de Arbo vén de adherirse á rede de ‘Parques sen Fume’ tras declarar a área recreativa de San Antonio como o primeiro espazo verde libre de fume na vila en marzo deste mesmo ano.

A Rede Galega de Parques sen Fume é unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia dende a Consellería de Sanidade co fin de desnormalizar o consumo de tabaco na sociedade e promover contornas que respeten e coiden o medio ambiente.

Pola súa banda, cada concello que pertenza á rede debe comprometerse a sinalizar os parques cos materiais da rede, difundir entre a poboación os folletos proporcionados pola DXSP e desenvolver actividades encamiñadas a sensibilizar e lograr unha sociedade libre de tabaco.

Con este motivo, o pasado 31 de outubro, Día Mundial sen Tabaco, tivo lugar en Santiago de Compostela a xornada conmemorativa do Día Galego sen Tabaco, á que asistiu o alcalde de Arbo, Horario Gil, tras a recente incorporación do Concello en dita rede.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS