Galicia decide o 50% dos contidos na nova lei de Educación, a LOMLOE, o outro 50% compételle ao Estado. A Xunta reúnese con 130 profesionais do sector educativo para decidilos e critica o retraso do Ministerio en fixar a súa metade.
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez:
Os cambios que se fixarán na nova lei educativa, a LOMLOE, van afectar desde infantil ata bacharelato. Galicia traballa estes días en ultimar a súa aportación ao currículo da nova lei.
Este martes houbo reunión entre a Consellería de Educación e máis de 130 profesionais para fixar eses contidos que van ter que estudar as rapazas e rapaces galegas e galegos.
A Consellería de Educación cre que o Ministerio de Educación vai con atraso e pídenlle que publique a súa parte antes de final de ano. Senón consideran que non se poderán aplicar no vindeiro curso académico 2022-2023.