O xefe da Policía Local do Porriño, Dani Rodríguez, atópase, agora mesmo, no terreo de Valencia. De xeito máis concreto, no municipio de Benetússer. Alí, o dispositivo que enviou o Concello continúa traballando desde a madrugada do sábado en coordinación coa Policía Nacional e, ata o de agora, o seu céntrase na drenaxe de garaxes na busca de posibles víctimas así como na limpeza de rúas.
Ademais, atópanse en prealerta para desprazar ao persoal médico cos vehículos oficiais do Concello desde Castellón. Desenvolven, ao mesmo tempo, tarefas de control e recoñecemento do terreo coa unidade de dron.
O xefe da Policía Local do Porriño, Daniel Rodríguez, explica en Si Radio que a estampa que deixa ao seu paso a DANA pola provincia de Valencia «é como si caese unha bomba» e apunta que «hai colas para que a xente poida coller comida». Escoita a entrevista completa aquí: