martes, noviembre 5, 2024
InicioConcellos +ArboArbo incentiva o comercio local coa campaña "Ven o teu Mercado tamén...

Arbo incentiva o comercio local coa campaña «Ven o teu Mercado tamén en Nadal»

O mercado municipal e o Concello lánzanse á captación de novos clientes e á fidelidade dos xa existentes a través dunha nova campaña de sorteos. Esta iniciativa premiará a fidelidade de aqueles que opten por facer as súas compras na praza de Abastos. Por terceiro ano consecutivo, iníciase este mércores, 6 de novembro, a campaña de apoio ao comercio local “Ven o teu Mercado tamén en Nadal”.

Os establecementos da Praza do Mercado darán un boleto por cada compra. Así mesmo, os participantes deberán rellenar cos seus datos e depositalo na urna colocada con motivo da campaña, ata ó 20 de decembro. Os premios son tres cestas con produtos do Mercado, do comercio local e viño e espumosos das adegas de Arbo. Este galardón está valorado o primeiro premio en 120 euros, o segundo en 70 e o terceiro en 50 euros.

A iniciativa posta en marcha polo Concello de Arbo hai tres anos, pretende dar difusión ao valor da compra de proximidade fomentando a colaboración entre os comerciantes e a administración pública. Segundo destaca o alcalde da localidade, Horacio Gil, «Esta actividade foi moi ben acollida nas pasadas edicións do Nadal, polo que volvemos a incluíla na promoción do comercio local, tamén no ano 2024″. «Mercar na Praza de Abastos de Arbo, é garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada así como garantía de boa compra«, remata o rexedor Horacio Gil. O Sorteo terá lugar 20 de decembro na Praza do Mercado.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS