martes, noviembre 5, 2024
InicioConcellos +A CañizaOs xardíns do centro urbano da Cañiza estrean novos diseños

Os xardíns do centro urbano da Cañiza estrean novos diseños

Na ponte de “Todos os Santos” o centro urbano da Cañiza estreou a obra de mellora e acondicionamento das rúas Progreso e Castelao, Praza de Arbo e das rotondas do Xamón e do Cruceiro. Estos espazos lucen 1.255 novas prantas de distintas especies ao lado doutros arbustos que poideron ser replantados. Unha obra que tiña como obxectivo mellorar esteticamente estes espazos, a súa habitabilidade e a sostenibilidade das zonas.

A obra consistiu nun replanteo das zonas de plantación, sustituindo a herba existente por 19,25 metros cadrados de mantillo de baixo consumo. Tamén na retirada das especies que estaban en bo estado para volver a replantalas. Ademais, houbo un aproveitamento dos sistemas de rego antigo que foron potenciados, mellorados e ampliados. Isto foi para garantir o mantemento das zonas axardinadas e sectorización do sistema de rego por goteo para aproveitar mellor o sistema e minimizar o gasto de auga.

1.255 prantas novas para decorar o centro urbano

O máis importante foi a dotación dun total de 1.255 prantas novas distribuidas polos diferentes espazos. A rúa Progreso acondicionouse coa plantación de 522 especies. Nestes xardíns tamén instaláronse 327 metros de mangueira de goteo de 16 milímetros para mellorar o sistema de rego. Ademais, plantáronse 5 oleas, 13 cupresus de 2.5 metros de alto, 500 vivaces 2lts., 4 buxus faulkner e 9 metros cadrados de mantillo.

A rúa Castelao recibiu unha renovación con 153 plantas. Entre elas 3 vétula copa 18/20, 150 vivaces, 5 metros cadrados de jabre, 4 metros cadrados de mantillo e 150 metros de mangueira de rega. A Praza de Arbo acolleu 390 novas plantas. 200 Vivaces, 175 helecho fondo, 7 ciathea cooperi e 8 strelitzia regina, 6 unidades de mangueira de rego e 5 unidades de mantillo orgánico.

A rotonda do Cruceiro obtivo unha mellora con 107 plantas, 30 metros de mangueira de goteo e un metro cadrado de mantillo. Por outra banda, a rotonda do Xamón recibiu 83 pequenas plantas, 75 vivaces, 8 buxis, 10 metros de mangueira de goteo e 0.25 metros cadrados de mantillo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS