domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsComarcasAs Xornadas Micolóxicas de Mos cumpren dúas décadas de vida

As Xornadas Micolóxicas de Mos cumpren dúas décadas de vida

O Pazo de Mos acolleu a presentación da 20 Edición das Xornadas Micolóxicas de Mos. Asistiron a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, a concelleira de Medio Ambiente do Concello de Mos, Laura Méndez, e o presidente Comunidade de Montes de Mos, Manuel Barciela. Ademais, foron o presidente Fundación Pazo de Mos, Ramón Vilanova, Lucía Alonso, presidenta da Asociación BaRes Mos e os hostaleiros participantes na Gran Degustación do domingo 10 de novembro.

A alcaldesa Arévalo informou a este respecto dunha importante novidade “este ano váiselle facer a Tomás de Adega da Tía Carmen unha homenaxe por ser o pioneiro da iniciativa. Xa que é o único que leva participando, sin excepción, durante os 20 anos de celebración das Xornadas. E sempre promovéndoas e impulsándoas”. Explicou a rexedora local mosense, quen tamén destacou os 20 anos de traxectoria e de historia desta celebración senlleira.

As XX Xornadas Mocolóxicas e Forestais do Concello de Mos inclúen na súa programación a habitual serie de charlas. Comezan desde o luns 4 de novembro e prolongaranse ata o venres 8, celebrándose todas no Pazo de Mos ás 20.30 horas. Ademais, o programa inclúe tamén o sábado de 10.00 a 13.30 horas a habitual saída didáctica para recollida de cogomelos.

Na xornada da Gran Degustación, o programa de actividades comezará ás 10.00 horas cunha saída de identificación de herbas medicinais. Ademais, ás 11.00 horas será a apertura da mostra micolóxica. Ás 12.00 horas comezará a Gran Degustación e VII Micomercado e Concerto da Banda de Acordeóns Metropolitana. Ás 13.00 horas Animación Barafunda: contos, xogos e experiencias. E ás 16.00 horas estarán Os Bolechas: Ruada en Mos. Esta XX Edición das Xornadas é posible grazas ao apoio da Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra así o traballo de Comunidade de Montes, Fundación Pazo de Mos e hostaleiros.

Pratos da Gran Degustación

Os hostaleiros de Mos ofrecen diferentes pratos coas setas como protagonistas e en todos os casos o prezo será de seis euros cada un. Tamén haberá un menú infantil para os máis pequenos. O establecemento Curuxeira ofrecerá tortilla de setas con xamón, espaguetis con espinacas e setas e tiramisú de trufa. Os pratos de Maceira serán dous hamburguesas. A primeira é unha vegana en pan rústico con rúcula, patie (zanahoria, garbanzos e tofu), queso Gouda vegano e mermelada de boletus edulis. A outra é unha de polo con rebozado Crispy, queso Monterrey Jack, rúcula e mermelada de boletus edulis.

Bocadiño ofrece unha tosta de bacon con setas e nata e un prato apto para veganos como os garbanzos con cogomelos e setas. O local Adega da Tía Carmen ofrece tamén opcións veganas como a empanada de millo con setas e castañas e a súa versión en empanadillas. Ademais ofrece a empanada de trigo e croquetas de millo cos mesmos ingredientes.

Por outra banda, Baxiña terá croquetas de shiitake, setas eryngii con salsa de portobello con allo á plancha e como prato vegano as setas á feira. A Quinta da Rivas ofrece como prato vegano arroz de verduras e setas, aínda que ofrece a opción de engadirlle ovo á plancha. Tamén terá de opcións un caldo de setas de tempada e brownie con noces, avelá e crema de castaña.

Micoescuelas

A gran novidade das Xornadas Micolóxicas deste ano é a iniciativa de trasladar a micoloxía ás aulas, ao ámbito educativo. Para elo realizaranse sendas actividades en colexios e instituto mosenses. Nos CEIPs levarase a cabo unha xornada de cultivo de cogomelos para que o alumnado poida cultivar o seu propio fungo de xeito doméstico.

No caso do IES farase un obradoiro para amosar as características fundamentais dos fungos, así como as diferencias e rasgos precisos para a súa identificación. Axudarase ao alumnado a comprender a súa biodiversidade e valor ecolóxico e social. Levaranse cogomelos frescos para que o alumnado os poida observar. E no exterior do IES, nun monte lindante, realizarase unha saída ao campo para a recollida de cogomelos e observación e manipulación das diferentes clases.

O venres 8 de novembro a ‘Micoescola’ estará no CEIP Mestre Martínez Alonso con alumnado de 6º de Primaria. E o luns 11 de novembro estará no IES de Mos con alumnado de 1º da ESO.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS