jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsActualidadeInician as obras de acondicionamento da contorna do mercado de San Antonio...

Inician as obras de acondicionamento da contorna do mercado de San Antonio en Tui

Este luns 4 de novembro dan comezo as obras de reforma da contorna do Mercado de San Antonio en Tui. A zona de actuación será a comprendida entre a rúa O Pilar e a rúa Maristas.

O obxectivo destas obras é lograr a integración da praza de abastos e o seu entorno coa renovación das rúas adxacentes con novo mobiliario urbano, sinalización e iluminación.

A empresa encargada de realizar a reforma é Xestión Ambiental de Contratas SL e acometerá as obras cun investimento de 754.292,1€ financiado a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O prazo de execución é de dous meses e medio.

O obxectivo do proxecto a executar é «a humanización e ordenación da contorna da praza de abastos, dende o aparcamento traseiro, a mellora da dársena de carga e descarga, e o acondicionamento do punto de recollida de residuos. Contémplase tamén a instalación dunha estación para a recarga de vehículos eléctricos, así coma a instalación de alumeado exterior do entorno da praza e o soterramento do cableado» segundo informa o Concello de Tui.

«Ademais na praza cuberta que se atopa no exterior mercado instalarase un graderío que poderá acoller distintos actos. Tamén serán colocadas as taquillas refrixerantes» asegura o goberno local.

A causa da execución das obras e a medida que avancen os traballos haberá restricións e cambios no tráfico puntuais así coma nos accesos para carga e descarga que estarán debidamente sinalizados.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS