En Galicia hai 505 persoas diagnosticadas de coronavirus actualmente. Tras moitas semanas por baixo do medio milleiro de casos, na última xornada detectáronse 56 novos casos e a comunidade superou ese limiar.
Son 24 persoas máis con coronavirus que na xornada anterior. Tamén aumentan os contaxios con respecto ao día de onte (+18). Foron detectados 56 novos casos por probas diagnósticas.
Por áreas sanitarias continúa á cabeza a coruñesa e a de Ourense supera a área de Vigo:
A Coruña: 139 (-2)
Ourense: 86 (+15)
Vigo: 81 (+8)
Santiago: 63 (-2)
Lugo: 38 (-2)
Pontevedra: 65 (+5)
Ferrol: 33 (+2)
Nos hospitais galegos hai 25 persoas con COVID-19: redúcese o número otanto en UCI (-1) como en planta (-5). Son un total de 3 persoas en coidados intensivos e 22 en planta.
O Sergas notificou o deceso dun home de 52 anos por mor da covid no hospital de Ourense,o que eleva a cifra a 2.652 desde o inicio da pandemia.