Comeza este luns día 4 de novembro unha nova edición do Bono Activa Comercio impulsado pola Xunta de Galicia. O goberno galego destina 2,5 millóns de euros a esta iniciativa coa que prevé mobilizar 12 millóns de vendas nos establecementos de proximidade galegos «co fin de incentivar a demanda e atraer nova clientela ao comercio local».
Deste xeito, as persoas consumidoras poden descargar dende xa o bono na web www.bonosactivacomercio.gal. Pola outra banda, os negocios que aínda non estén dados de alta na plataforma poden facelo ata o 15 de decembro.
O número de comercios inscritos na plataforma supera os 6.100 e, segundo informou a Xunta a primeira hora da mañá, foron descargados 72.000 bonos desconto en apenas dez horas.
Os bonos teñen formato dixital QR e empréganse dende una aplicación móbil. O desconto que permite realizar aumenta en función da compra. Deste xeito, para compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros correspóndelle un desconto de 5 euros. A rebaixa será de 10 euros para compras entre 30 e 50 euros e, a partir desa cantidade, o desconto alcanzará os 15 euros.
Podes consultar a listaxe dos comercios adheridos na seguinte ligazón.
Ao igual que noutras de ocasións, cada persoa pode descargar un único bono e estes estarán dispoñibles ata que o importe total dos descontos realizados alcancen os 2,5 millóns de euros. A partir dese momento, os bonos descargados xa non se poderán empregar.
«Na última edición superáronse os 6.800 negocios participantes. En total, nas catro edicións anteriores acadáronse os obxectivos, mobilizándose no sector comercial retallista máis de 77 millóns de euros» aseguran dende o executivo galego.