Un terremoto de magnitude 4.4 producido ás 06.32 horas desta madrugada co epicentro no mar Cantábrico, a unha profundidade de dez quilómetros, deixouse sentir en gran parte dos municipios das provincias de Lugo e A Coruña.
O sismo notouse en lugares como Lugo, Viveiro e a Terra Chá, e tamén na cidade da Coruña e a comarca (Sada, Culleredo), onde moitos veciños espertáronse ao sentir unha vibración e mesmo comprobaron que se moveron obxectos.
«Moveuse todo», ou o sentín moitísimo», son algúns dos comentarios que xa puxeron veciños da Coruña e Sada nas redes sociais. Moitos xa compararon este tremor co maior rexistrado en Galicia até o momento, o de Triacastela ocorrido en 1997, aínda que foi de intensidade maior, 5.1 graos na escala Richter.
Hai dous días, o mércores, ocorreu tamén outro sismo preto desta mesma zona do Cantábrico, no medio do mar, pero de menor intensidade, 2.4.
Foron varias as galegas e galegos que chamaron ao 112 para alertar asustados polo tremor.