jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsActualidadeChega a Valencia o buque Galicia con militares, comida e helicópteros

Chega a Valencia o buque Galicia con militares, comida e helicópteros

Galicia enviou este luns un continxente formado por efectivos da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), submarinistas, bombeiros, persoal de Medio Rural , motobombas e militares. O helicóptero Pesca 1 xa foi enviado o pasado mércores para colaborar na busca de persoas desaparecidas.

A despregadura foi coordinada nunha reunión que mantivo a Xunta por videoconferencia con responsables de servizos operativos da Delegación do Goberno de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Protección Civil e Emerxencias.

A maiores, un grupo humano formado por 35 axentes da Garda Civil partiu este domingo cara a zona cero así como a Brilat conta cuns 150 militares preparados para a súa saída, segundo informou a Subdelegación do Goberno en Pontevedra.

Chegada do buque Galicia a Valencia

O buque Galicia da Armada chegou na mañá deste luns ao porto de Valencia para colaborar cos labores de reconstrución dos danos causados pola DINA na provincia.

Do buque desembarcarán «104 infantes de mariña do Terzo da Armada, 36 mariños do Grupo Naval de Praia, 25 mariños da Unidade Aérea Embarcada, camións con comida, auga, material de apoio e dous helicópteros SH-60F«, segundo indicou o Ministerio de Defensa na súa conta de X.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS