viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasMos achega enerxía a Valencia con once xeradores autónomos e material de...

Mos achega enerxía a Valencia con once xeradores autónomos e material de traballo

O Concello de Mos foi un dos primeiros en anunciar nas redes sociais que habilitaba un punto de recollida de alimentos e roupa de cama, así como outros produtos, para destinar ás persoas que sofren as consecuencias da DANA en Valencia. Agora, a administración local despraza ata a zona un total de 11 equipos electróxenos autónomos que se unen ao conboi de leite, auga e outros aveños que parten este sábado desde Mos Axuda.

Deste xeito, tal e como explica a administración local, «a alcaldesa, Nidia Arévalo, púxose en contacto coa alcaldesa de Valencia para saber as necesidades máis urxentes cas que o Concello podería colaborar e lle transmitiron que o que máis se precisa, nestes intres, son xeradores de enerxía» polo que xa saiu un furgón cargado con material de traballo e grupos electróxenos lixeiros e este sábado saen dous camións con seis grupos de máis de 100 KVA de potencia para «axudar en todo o que precisen».

En total, o Concello de Mos despaza ata a zona afectada un total de once equipos electróxenos autónomos que se unen ao camión de alimentos e outros produtos que saen este sábado desde Mos Axuda.

Finalmente, a adminsitración local agradece «a protección civil de Mos, ao servizo municipal de emerxencais GES e a Seganosa, toda a colaboración para a rápida actuación así como ás empresas submistradoras do material por entregalo tan rapidamente«.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS