lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsNubes, claros e temperaturas de máis de 20 graos serán as protagonistas...

Nubes, claros e temperaturas de máis de 20 graos serán as protagonistas da ponte en Galicia

Os galegos e as galegas que teñan a posibilidade de desfrutar da ponte que comeza este venres, día 1 de novemebro, ata o domingo día 3 contarán cun tempo no que as nubles, claros e temperaturas que superarán os 20 grados serán os protagonistas.

Segundo a previsión de MeteoGalicia, a comunidade continúa influenciada polo embolsamento de aire frío, situado no oeste de Portugal. Isto deixará un venres día 1 de novembro con predominio das nubes de tipo medio. O ceo quedará parcialmente cuberto con posibilidade dalgún chuvasco illado e ocasional, máis probable na metade sur.

Tempo para o venres día 1

Pola súa banda, as temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente e as máximas non terán cambios significativos e o vento soprará foixo do leste-suerte. Neste contexto, Vigo contará con temperaturas máximas de ata 24 graos e Pontevedra e Ourense con 25 graos, respectivamente. A cidade de Ferrol e de Lugo rexistrarán valores máximos de 23 graos e a capital galega, Santiago de Compostela, 22 graos.

Tempo para o sábado día 2

En canto ao sábado, Galicia recupera a influencia anticilónica polo que haberá néboas en comarcas do interior que irán disipándose, deixando os ceos moi abertos en xeral con nubes medias na provincia de Ourense. MeteoGalicia indica que podería haber algún chuvasco «moi illado e ocasional» durante a tarde do sábado.

Pola súa banda, as temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso e as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. De feito, Vigo continuará en valores de 25 graos ao igual que a cidade de Ourense. Mentres, os termómetros situaranse nos 24 graos en Ferrol e nos 23 graos en Lugo, Santiago de Compostela e A Coruña.

Tempo para o domingo 3

Durante o último día da ponte, Galicia continuará baixo o dominio anticiclónico. A xornada comezará con ceos despexados en xeral, bancos de néboa no interior e algunhas nubes medias no leste, segundo MeteoGalicia. Na tarde do domingo, entrarán as nubes de tipo alto e as temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso.

Vigo manterá o termómetro nos 24 graos ao igual que Ourense mentres que Ferrol e A Coruña, nos 23 graos. Pola súa banda, Lugo contará con temperaturas de ata 22 graos, Santiago de Compostela, 21 graos e Pontevedra con 25 graos.

Finalmente, MeteoGalicia non emite ningún tipo de aviso metereolóxico por condicións adversas e apuna a unha «situación de normalidade».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS