viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasValencia necesita axuda e Mos e Salceda habilitan puntos de recollida de...

Valencia necesita axuda e Mos e Salceda habilitan puntos de recollida de alimentos e artigos de hixiene

As consecuencias da DANA que asolou á provincia de Valencia deixaron sen casa, sen negocios e sen posibilidades de adquirir alimentos ou productos de hixiene a moitos dos veciños e das veciñas. É por iso que, facendo homenaxe á solidariedade, algúns dos municipios das comarcas deciden habilitar puntos de recollida para que aquelas persoas que desexen achegar o seu gran de area poidan facelo a través da donación de productos como leite, auga ou roupa de abrigo, entre outras cuestións.

É o caso do Concello de Salceda de Caselas e de Mos. Ambas administracións locais difunden nos perfís oficias das súas redes sociais os puntos habilitados para que os veciños e as veciñas poidan contribuír a paliar as consecuencias do fenómemo metereolóxico que se cobrou xa, segundo as últimas estimacións, máis de 150 vidas.

De feito, os labores de rescate aínda non remataron e os forzos e corpos de seguridade permanecen na zona afectada en busca das persoas desaparecidas.

Campaña solidaria en Mos

En Mos, o Concello inicia unha campaña solidaria de recollida de axuda para os afecados pola DANA, en colaboración coa Asociación de Empresarios de MOS (AEMOS), co obxectivo de levar provisións ata os municipios máis afectados como é o de Paiporta, Picanya e Catarroja.

Neste sentido, a administración local indica que, despois de establecer comunicacións coa Policía Local de Valencia, os productos máis demandados son a auga, leite, conservas, comida de bebé, como pode ser a leite en po ou potitos así como comida non perecedoira, mantas, roupa de cama e toallas, biberóns e productos de hixiene en xeral. Na lista tamén inclúen cargadores de móbil co obxectivo de poder estabelcer comunicacións.

A recollida destes productos levarase a cabo no Local de Mos Axuda, que se localiza na Estada de Puxeiros, desde as 10:00 horas ata as 20:00 horas.

Solidariedade en Salceda de Caselas

No caso de Salceda de Caselas, o Concello vén de informar, a través dunha publicación no seu perfil oficial das redes sociais, que a Federación Española de Municipios e Provincias comunicou á administración local as necesidades que se precisan cubrir para colaborar coas persoas afectadas pola DANA na Comunidade Valenciana. Trátase de leite, alimentos non perecedoiros e artigos de hixiene persoal.

As persoas que desexen formar parte da cadea humana que intenta minimizar as consecuencais do desastre natural poderán realizar as súas achegas desde o venres día 1 ata o domingo día 3 nas diferentes igrexas parroquiais nos horarios coincidentes coas celebracións relixiosas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS