viernes, noviembre 1, 2024
InicioNewsComarcasCovelo convértese nun laboratorio de paisaxe

Covelo convértese nun laboratorio de paisaxe

O Serradoiro dos Carranos do Concello de Covelo acolleu a quinta edición do proxecto
cultural “Laboratorio da paisaxe”. Esta iniciativa de pensamento aprendizaxe e intervención no território busca poñer en valor o patrimonio cultural e natural afondando nas relacións co territorio que nos acolle visibilizando as problemáticas da Galicia Baleira e o despoboamento rural , entre outras, ao tempo que se reflexiona na procura de solucións, segundo fai saber a administración local.

As persoas participantes gozaron de actividades vencelladas á arquitectura da paisaxe, á
fotografía, apicultura, á escultura e á ecoloxía do lume. A través de roteiros, obradoiros e
relatorios e da man do escultor Xesús Padín, o arquitecto Manuel Bugallo, o historiador Fran
García, o técnico forestal Gustavo Álvarez, a arquitecta Sheila García, as apicultoras Melissa
Terán e Fátima Estévez e o fotógrafo e biólogo Julio Eiroa; os asistentes percibirán o
territorio da Serra do Suído dende unha visión holística.

Durante o desenvolvemento das actividades do laboratorio, «seguiuse unha dinámica
participativa que tivo como resultado a mostra fotográfica Outra mirada do Suído onde se recollerán as distintas visións das persoas participantes e que se poderá visitar durante a primeira quincena de novembro no concello da Lama que xunto a Covelo e Fornelos de Montes forman parte do proxecto».

O proxecto cultural «Laboratorio da Paisaxe» nace no 2020 baixo a dirección artística da
arquitecta e xestora cultural Sheila García
, a coordinación de Costa Oeste e a colaboración de Cultura Tirante e Espazo16.

Nesta quinta edición a actividade estivo organizada polo colectivo Espazo16, coa
colaboración do colectivo O Suído e conta co apoio da área de xuventude da Deputación de Pontevedra.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS