viernes, noviembre 1, 2024
InicioNewsComarcasA conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático visitou hoxe, en Mos,...

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático visitou hoxe, en Mos, a empresa PMA Nutrigras

A Xunta de Galicia destinará en 2025 preto de 53 millóns de euros para apoiar a concellos e empresas na xestión eficiente e sostible dos residuos. Tamén para avanzar cara a un modelo de economía circular, o que supón un incremento de preto do 30% con respecto ao ano anterior.

Na súa visita ás instalacións da empresa PMA Nutrigras, en Mos a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, destacou que preto de 3 de cada 10 euros terán como obxectivo apoiar na xestión de refugallos. Este apoio estará destinado a concellos, empresas, fundacións e entidades sen ánimo de lucro. Na visita estivo acompañada pola alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, o seu tenente de alcaldesa, Camilo Grandal, e a edil de Medio Ambiente, Laura Méndez.

Más en detalle, as entidades locais dispoñerán de 12 millóns de euros en varias liñas de axudas. Para recollida separada de biorresiduos, aceites e téxtiles recibirán 9,2 millóns e para a mellora de instalacións de recollida separada de refugallos municipais como, por exemplo, puntos limpos 2,8 millóns. E, por outra banda, 3 millóns de euros destinaranse a apoios a pemes, fundacións e entidades sen ánimo de lucro. Serán para a construción de instalacións de preparación para a reutilización e reciclaxe de residuos téxtiles domésticos recolleitos de maneira selectiva. Nese sentido, a conselleira fixo fincapé na importancia de promover iniciativas relacionadas coa xestión de aceites e téxtiles dado que a súa recollida separada será obrigatoria para os concellos para partir do 1 de xaneiro de 2025.

PMA Nutrigras

Nesa liña, Ángeles Vázquez puxo en valor o traballo que vén desenvolvendo PMA Nutrigras ao recoller, transportar e preparar aceite usado de cociña para a súa posterior transformación en biocombustible. Deste xeito, despois de incidir na «aposta pioneira» que supuxo o desenvolvemento desta iniciativa a finais do pasado século, a conselleira destacou o labor que realiza a empresa que esta empresa ao recoller aceite usado da canle Horeca, de puntos limpos de concellos, de conserveiras e, mesmo, de edificios urbanos a través dun sistema de retirada porta a porta.

A maiores, a conselleira enxalzou o seu compromiso coa innovación constante e puxo como exemplo a firma, en 2023, dun convenio coa Universidade de Santiago de Compostela para investigar a posible reutilización do aceite recuperado para o tratamento de bioplásticos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS