Aínda que é un dos municipios que compoñen a área Metropolitana de Vigo, con forza e moderno, tamén é un refuxio de tranquilidade.
Salceda de Caselas é un municipio situado na parte suroriental da comarca de Vigo, na provincia de Pontevedra. Limita cos concellos de Tui, Porriño, Ponteareas e Salvaterra de Miño. Salceda é o municipio galego que máis incrementou a súa poboación durante o final do século XX ata a primeira década do XXI, cun aumento do 37,6 por cento en tan curto período de tempo. Na actualidade esta preto dos 10.000 habitantes.
Ten sete parroquias: Budiño (San Estevo), Entenza (Santos Xusto e Pastor), Parderrubias (Santo Tome), Picoña (San Martiño), Salceda (San Jorge), Santa María de Salceda (Santa María) e Soutelo (San Vicente)
Entre o seu patrimonio hai varios cruceiros e son destacadas a Igrexa de Parderrubias e a Igrexa de Santa Bárbara.
A súa contorna natural é rica en cogomelos, o que o fai ideal para practicar a micoloxía.
Considerada terra de Pazos, destaca O Pazo Pegullal que foi construído no século XVIII. Circundado por unha monumental muralla que rodea a súa leira e presidido por un maxestoso portalón de acceso coroado co escudo de armas das familias Correa, Mendoza, Quirós, Sarmiento e Sotomaior.
Por outra banda, no municipio nace o río Caselas, un pequeno río europeo do noroeste da Península Ibérica que transcorre pola provincia de Pontevedra, España, afluente do río Miño, no seu curso baixo, pola súa marxe dereita. Nace nas inmediacións do monte Corucho (450 msnm). Atravesa ese municipio para entrar no de Salvaterra de Miño, curvándose e serve de límite entre o dous concello citados, no seu tramo final pasa a ser linde entre os municipios de Tui e Salvaterra de Miño, antes de desaugar no río Miño. O seu curso total abarca 12 quilómetros.