viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasA Xunta fixa uns investimentos iniciais de 13,3 millóns para Condado e...

A Xunta fixa uns investimentos iniciais de 13,3 millóns para Condado e Paradanta

Contémplase nos Orzamentos de 2022 da administración autonómica.

A Xunta de Galicia vén de fixar uns investimentos iniciais de 13.357.782 euros para as comarcas do Condado e A Paradanta no proxecto de Orzamentos 2022, segundo informou hoxe o delegado territorial en Pontevedra, Luis López, que considera que estas achegas “serán fundamentais para o desenvolvemento e o progreso desta contorna do interior da provincia”.

“O punto de partida para O Condado e A Paradanta por parte da Xunta xurde do noso compromiso con estas bisbarras e está fixado en máis de 13 millóns de euros, unha contía que vaise ampliar con total seguridade a través dos plans, convenios, ordes de axudas ou novos proxectos que xurden ao longo do ano”, manifestou o representante autonómico.

O delegado territorial salientou que as principais actuacións céntranse na corrección do Tramo de Concentración de Accidentes (TCA) na PO-403, o cofinanciamento da depuradora ou o obradoiro de emprego en Ponteareas, a planta de tratamento de residuos de Arbo, o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Cañiza, o solo empresarial das Neves e a ciclovía a Monçao ou a rehabilitación do CEIP Felipe Borbón en Salvaterra.

“Os principais investimentos, por contía ou singularidade, superan os 8 millóns de euros, pero as contas da Xunta tamén contemplan de xeito específico para O Condado e A Paradanta outras actuacións en instalacións deportivas, novas tecnoloxías, silvicultura, limpeza de montes e desbroces, obras educativas, transporte ou dixitalización no ensino ata alcanzar os citados 13 millóns”, significou o delegado territorial.

Os investimentos por concellos:

Principais investimentos 2022 no Condado e A Paradanta

Ponteareas

Mellora do TCA na PO-403

650.000

Salvaterra

Ciclovía Salvaterra-Monçao

400.000

Arbo

Abastecemento integral

825.001

Ponteareas

Estación Depuradora de Augas Residuais

468.000

Mondariz-Balneario

Bens culturais de uso social

263.033

As Neves

Loita contra Plagas

1.227.732

As Neves

Solo Empresarial

172.000

Arbo

Planta de Transferencia de Residuos

1.250.000

Salvaterra

Rehabilitación do CEIP Felipe Borbón

784.453

Ponteareas

Obradoiro de Emprego

208.000

A Cañiza

Grupo de Emerxencias Supramunicipal

1.150.000

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS