viernes, noviembre 22, 2024
InicioPenínsula e mundoEspañaDíaz recoñece en Santiago discrepancias sobre a reforma laboral

Díaz recoñece en Santiago discrepancias sobre a reforma laboral

A ministra de Traballo, Yolanda Díaz, recoñeceu esta mañá en Santiago as discrepancias no seo do Goberno central, entre Unidas Podemos e o PSOE,  pola reforma laboral e xusifícaas pola importancia de acabar con este mal herdado do PP.

 A ministra de Traballo, Yolanda Díaz:

Por decidir está quen lidera a negociación da reforma laboral. A vicepresidenta económica, Nadia Calviño, quere formar parte da negociación e o presidente Sánchez apoia a súa pretensión.

Haberá reunión esta tarde no seo do Goberno central. Por parte de Unidas Podemos, estará a secretaria xeral de Podemos e ministra de Dereitos Sociais, Ione Belarra, a ministra de Igualdade, Irene Montero, e o voceiro no Congreso de Unidas Podemos, Pablo Echenique.

Non estará presente a vicepresidenta Yolanda Díaz, pero si haberá persoal do seu departamento. O seu xefe de gabinete, Josep Venderell, e o secretario de Estado de Emprego e Economía Social, Joaquín Pérez, serán os encargados de presentar a postura do Ministerio de Traballo.

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS