sábado, noviembre 23, 2024
InicioConcellos +A CañizaO xamón da Cañiza triunfa no Salón Internacional de Turismo Gastronómico, 'Xantar'

O xamón da Cañiza triunfa no Salón Internacional de Turismo Gastronómico, ‘Xantar’

A pasada fin de semana celebrouse en Ourense o 25º Salón Internacional de Turismo Gastronómico ‘Xantar‘, a feira internacional galega que ten por obxectivos a dinamización do rural a través da enogastronomía e do turismo, promovendo produtos innovadores que destacan pola súa calidade e sostibilidade.

O Concello da Cañiza presentou e promocionou neste salón os seus activos gastronómicos nun acto especial adicado á Feira do Xamón, no que tamén estiveron presentes outros produtos da zona como o mel, o queixo, os caracois ou os viños da Cañiza con denominación de orixe Rías Baixas.

A maiores, o rexedor presentou a gastronomía da Cañiza liderada polo xamón, xunto co coxunto cos cocidos cañicenses que se promocionan en 10 establecementos do municipio durante esta fin de semana.

Ademais de presentar os recursos enogastronómicos da zona, difundiuse a rede de sendeiros que percorre o municipio da Cañiza como son: a PRG206 ruta de Fontefría, a PRG207 da Cidade Castrexa das Grades, a PRG272 do río Ribadil, a ruta de Luneda e a ruta PRG165 das Fragas e Levadas do Calvo e Deva.

Neste sentido, o alcalde da Cañiza, Luis Piña manifestou que «a gastronomía e o sendeirismo son os dous maiores activos catalizadores do turismo de proximidade que ten a vila» e destacou que «a presenza da Cañiza nesta cita ourensá é ineludible, dado que esta cidade e provincia é unha das que maior apoio ofrece á nosa gastronomía e territorio».

“Xamón, cocidos, queixo, mel, caracois e viño. Todo un menú que merece unha visita á Cañiza”, así o manifestou o rexedor na presentación que o pasado sábado 26 preparou o Concello para todos os visitantes de “Xantar”.

Pola outra banda, a organización do certame «felicitou ao Concello da Cañiza polo éxito acadado na presentación gastronómica» así como «pola exquisitez dos produtos e presentación dos mesmos, sendo un dos stands máis visitados de toda a mostra«.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS