jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta envía ao Levante o Pesca I con base en Vigo...

A Xunta envía ao Levante o Pesca I con base en Vigo para axudar nos labores de rescate pola DANA

Traxedia. É a palabra que máis se aproxima ao que aconteceu durante a noite do martes para o mércores na Comunitat Valenciana con máis de 70 persoas falecidas e decenas de veciños e veciñas desaparecidos a causa das consecuencias que deixou ao seu paso a DANA. Neste contexto a Xunta de Galicia achega o seu hombreiro nas labores de rescate enviando o helicóptero Pesca I con base en Vigo co obxectivo de axudar nos labores de rescate.

Este medio, o Pesca I, conta coa capacidade de rescatar ata a 10 persoas de xeito simultáneo e xa está operativo. Ata o Levante, viaxaron o piloto, o copiloto, un técnico e un rescatador, así o anunciou o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, quen amosou a súa preocupación polo ocorrido. Fíxoo durante un acto que tivo lugar na capital galega, en Santiago de Compostela, e aseverou que, polo de agora, non existe constancia de que haxa galegos entre as persoas desaparecidas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS