O pleno municipal aprobou, por unanimidade, a proposto do BNG para crear unha comisión de investigación sobre o suceso do pasado 3 de outubro.
A comisión de investigación inicia a súa actividade esta semana co fin de esclarecer as circusntancais do esbaralle da árbore que acabou coa vida dunha muller a comezos do mes de outubro nos xardíns do Gran Hotel. Nela, participarán todos os grupos políticos, representantes da Estación Fitopatolóxica Areeiro e a empresa encargada de elaborar o Plan de Arborado. Segundo o grupo nacionalista, que presentou a moción nun pleno extraordinario, o obxectivo é «asegurar o carácter público da mesma para que sexa posible coñecer os datos e as informacións das partes implicadas. O PP votou a favor da proposta do BNG.
Precisamente, o rexedor, o popular José Anotnio Lorenzo, apoiou a creación da comisión para que se aclaren as circunstancias posto que «non sabemos por que se produciu, se foi por unha deixadez, como decides vós, ou por un desastre natual», en resposta ás criticas dos nacionalistas sobre a non precaución do goberno municipal ao «permitir que se celebrara un evento alí, malia o informe de Areeiro». Ese informe calificaba a árbore no grupo 2 de risco, o que implica que tiña que pasar unha inspección e actuar nun curto prazo de tempo.
Ao respecto, o voceiro do BNG en Mondariz-Balneario, César Gil, explicou que «un curto prazo de tempo non debe exceder, polo menos, dos tres meses e pasou máis dun ano», pero o rexedor popular argumentou que «podese entender de moitas maneiras o curto prazo».
O tenente de alcalde, Carlos Abril, non acudiu á sesión extraordinaria, «xusto nun pleno tan importante como este», en palabras de Gil.