jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsAs florarías apuran as últimas horas de traballo para confeccionar os ...

As florarías apuran as últimas horas de traballo para confeccionar os centros do día de Todos os Santos

As florarías atópanse, na actualidade, inmersas nun intenso traballo co obxectivo de cumprir cos encargos que lle realizaron os clientes e as clientas co motivo do día de Todos os Santos. Trátase dunha das celebracións máis arraigadas en Galicia e que, cada ano, reúne en torno ás flores as lembranzas das persoas coas que xa non se conta, cando menos, físicamente.

Un destes negocios, Sabanah, cheiraba a flor fresca durante esta xornada mentres preparaban os centros e os ramos que, máis tarde, recollerán os veciños e as veciñas para depositar nos cemiterios.

Unha das súas xerentes, Amanda, explica en Si Radio que «a flor que máis están pedindo este ano é a rosa».

Podes escoitar a pequena entrevista aquí:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS