Galicia é o lugar perfecto para gozar da natureza perdéndose polos seus bosques e paraxes naturais, e o outono (sempre que a choiva o permita) unha estación fermosa para coñecer e explorar novos destinos.
A continuación, estas son só catro rutas para coñecer a pasaixe da provincia de Pontevedra que son aptas para toda a familia.
Muíños do Folón e do Picón (O ROSAL)
Esta pequena ruta de 3,5km situada no municipio do Rosal leva ao visitante por un percorrido ao redor dos muíños do Folón e do Picón, declarados Ben de Interese Cultural (BIC).
A ruta, que é circular, comeza na Ponte das Penas, sube pola ladeira dos muíños do Picón para logo descender pola ladeira dos muíños do Folón, rematando de novo na Ponte das Penas.
O desnivel alcanzado da ruta é de 205m, cunha duración aproximada dunha hora e apta para realizala con nenos e nenas.
O punto de comezo podes atopalo na seguinte ligazón a Google Maps
Ruta dos Muíños de Samieira (POIO)
A Ruta dos muíños de Samieira é un percorrido polo conxunto etnográfico formado polos 23 muíños do río Freiría, no Concello de Poio.
A ruta comeza na Praza de Alfredo Romay Besada, na parroquia de Samieira e tras 5,5km remata no mesmo lugar, xa que é circular.
A ruta ten unha dificultade baixa e é apta para realizar con nenos e nenas.
O punto de comezo podes atopalo na seguinte ligazón a Google Maps.
Sendeiro de Pedras Negras (O GROVE)
O Sendeiro de Pedras Negras está situado en San Vicente do Mar, no municipio do Grove. A senda comeza no porto deportivo e remata tras un percorrido lineal de 3,2km na praia de Canelas. O camiño transcurre case na súa totalidade sobre pasarelas de madeira á beira do mar e non é circular.
Ao longo do percorrido hai bancos para parar e desfrutar das vistas presididas polas Illas Ons e é apto para realizar os máis pequenos.
O punto de comezo podes atopalo na seguinte ligazón a Google Maps.
Ruta da Fervenza da Toxa (SILLEDA)
A Fervenza da Toxa é un salto de auga de 30 metros de altura que a convirte na fervenza máis alta de toda Galicia. Está situada no término municipal de Silleda.
A ruta dende o aparcamento ata a fervenza ten unha lonxitude de 2 km ida e volta.
Tamén podes realizar a ruta circular ata o Mosteiro de Carboeiro de 12km ou rematar a visita a pe nos miradoiros e desprazarte en coche ata o Mosteiro.
O punto de comezo podes atopalo na seguinte ligazón a Google Maps.