miércoles, octubre 30, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTui realiza labores de mantemento nos campos de fútbol municipais

Tui realiza labores de mantemento nos campos de fútbol municipais

Os traballos nas instalacións Álvarez Durán e A Gándara de Guillarei consistiron no pinchado e aporte de area

O Concello de Tui mantén a súa aposta por contar coas instalacións deportivas nas mellores condicións para a práctica deportiva por parte dos distintos equipos. Nesta liña de traballo, no día de onte leváronse a cabo os labores de mantemento nos campos municipais de fútbol de céspede natural do “Álvarez Durán” e “A Gándara” de Guillarei. Estas actuacións contaron co apoio da Deputación de Pontevedra.

En concreto procedeuse a realizar labores de pinchado e aporte de area, necesarios para favorecer a permeabilidade da auga e mellorar a ventilación do chan, e que se adoitan facer nesta época do ano. Os traballos foron realizados de maneira conxunta polo persoal do ente provincial e do Concello de Tui, grazas ao programa de apoio no mantemento dos campos de fútbol aos concellos da provincia de Pontevedra.

Asimesmo, as labores de escarificado foron realizadas no mes de xuño. Estas actuacións e o traballo semanal realizado pola empresa de mantemento contratada polo Concello de Tui, fan posible que o Tyde F.C. e o C.F. Guillarei poidan competir nas súas instalacións de maneira regular.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS