domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísO Estado garante que a pasteira Ence quedará en Galicia

O Estado garante que a pasteira Ence quedará en Galicia

A pasteira Ence non abandonará Galicia aínda que teña que abandonar Lourizán é o compromiso da ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Rivera, ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

 O presidente da Xunta:

Un informe xurídico do Consello Consultivo que avala a permanencia de Ence na ría de Pontevedra foi o que lle presentou Feijóo a Ribera e a ministra comprométese a que o Goberno o estude.»Comprometeuse a que quede en Galicia, e iso dános tranquilidade. Veremos se iso se cumpre no futuro. Nós non aceptamos o peche da pasteira» recalcou o presidente galego.

A vicepresidenta Teresa Ribera pediu  colaboración do Goberno galego para que «colabore coa empresa na procura de posibles localizacións alternativas e facilite terreos viables para a recolocación da fábrica» de celulosa.

Ribera tamén trasladou ao presidente galego o compromiso do Goberno de apoiar economicamente o traslado da fábrica e a implantación dun novo proxecto industrial que permita manter o emprego na zona.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS