No Día Mundial do ictus, a Asociación Dano Cerebral de Galicia apunta que é vital atender aos tres principais síntomas que alertan sobre que unha persoa podería estar sufrindo esta lesión posto que «no ictus, o tempo é cerebro». En concreto, refírense ás dificultades da fala, a perda de forza nunha parte do corpo e á parálise facial así como a sensación de formigueo.
Neste contexto, o presidente de Dano Cerebral Galicia, Luciano Fernández, apunta que «calquera persoa pode sufrir un ictus» aínda que «hai formas de prever que aconteza como é o caso de fomentar os hábitos saudables no día a día».
Fernández explica que un dos factores de risco que existe na actualidade é o «estrés co qeu vivimos na actualidade, co que parece que non nos da a vida».
Podes escoitar a entrevista completa co presidente da asociación Dano Cerebral, aquí: