A asociación de Vecinos Zona Centro de Vigo vén de denunciar ao Concello da cidade olívica na Axencia Española de Protección de Datos polo permiso exclusivo para circular durante o periodo do Nada.
Trátase dunha autorización «que está emitindo o Concello de Vigo desde o luns» e consideran que «o feito de ter que obligatoriamente mostrar públicamente un PDF cos nosos nomes, apelidos así como DNI e dirección supón a violación dos nosos dereitos de protección e datos persoais«.
No documento, os veciños e as veciñas apuntan que «o Concello de Vigo crea un procedemento mediante o cal os empadroados nunhas rúas determinadas da cidade de Vigo, considerada como Zona Nada, poden solicitar un permiso exclusivo para circular por esas rúas durante as semanas de celebración». Apuntan que consiste nunha «autorización de acceso exclusivo a Zona do Nadal«.
A Asociación Vecinos Zona Centro de Vigo continúan a súa exposición con «unha vez comprobado a través da web do Concello que a persoa que o solicita está empadoada na zona, se crea un PDF para que o autorizado o imprima e, segundo as indicacións do Concello, proceda a colocar no vehículo á vista de todo o mundo«. Lembran que se trata dun documento no que figura o nome, apelidos, DNI e domicilio do conductor autorizado».
Neste contexto, agardan que o Concello liderado polo socialista Abel Caballero «rectifique rapidamente e busquen unha solución para os non empadroados e residentes así como para os traballadores da zona»