lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsComarcasA Garda Civil intervén máis de 8.000 pilas sen o certificado de...

A Garda Civil intervén máis de 8.000 pilas sen o certificado de seguridade en dous bazares de Ponteareas

A Garda Civil de Tui, en concreto o Destacamento de Fiscal e Fronteiras, vén de intervir máis de 8.000 pilas «sen o preceptivo marcado da CE«, segundo fai saber o corpo de seguridade nun comunicado.

A incautación produciuse no marco dunha serie de inspeccións administrativas que se levaron a cabo en diversos bazares da zona do Baixo Miño e do Condado e Paradanta. Nesas intervencións, os axentes da Garda Civil observan que nalgúns dos establecementos revisados están á venta pilas e baterías «en gran cantidade e de numerosas e diversas marcas e modelos», tal e como explican.

Neste contexto, a Garda Civil explica que «a venta de productos falsificados, neste caso pilas, verefícase a calidade do producto e se cumpre coa normativa relativa á seguridade, obrigatoria tras a recente entrada en vigor do Reglamente da Unión Europea».

Como resultado destas inspeccións, en dous bazares de Ponteareas, que pertencen ao mesmo propietario, se comisan 8.154 pilas de marcas diferentes que carecen de información relativa ao importador autorizado no espazo da C.E.E ou ben de instruccións e informacións sobre as medidas de seguridade en español, «infrinxindo ademais os preceptos da lei da Xunta de Galicia que regula a defensa e a protección xeral dos dereitos e intereses dos consumidores».

De igual xeito, os axentes confeccionarán tamén unha denuncia por posible infracción de represensión do contrabando posto que «o propietario do establecemento non achega documentación algunha relativa á lícita importación de mercancía procedente dun terceiro país».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS