O Circo de Pinocho chega á vila de Ponteareas da man de Educateatro Producciones tras as súas funcións nos concellos de Redondela, Mos e Gondomar. As funcións están programadas para os días 1, 2, 3, 8, 9 e 10 de novembro e a carpa estará instalada fronte á gasolineira Repsol.
A compañia de teatro galega estrea este novo espectáculo en formato carpa que combina o teatro musical cunha selección dos números máis clásicos do circo.
O espectáculo represéntase nunha carpa de circo con aforo para 450 persoas sentadas en butacas individuais e con calefacción. Ademais, o espazo conta con cafetería, zona de photocall e instalacións adaptadas para persoas con mobilidade reducida.
A duración da función é de dúas horas cun descanso de 15 minutos incluído. O idioma empregado para a función é o galego. Dende a compañía aseguran que «a diversión está asegurada para todas as idades, non só para os máis pequenos».
As entradas poden adquirirse nesta páxina web ou no hall do circo 1h antes da función e teñen un prezo dende 11,60€. A entrada é obrigatoria a partir dos 2 anos de idade.